Únete a Lohmann Breeders! Buscamos Técnico/a de Mantemento Electromecánico.
Es unha persoa resolutiva, con destreza técnica e motivada polo entorno industrial? Buscamos un/a Técnico/a de Mantemento Electromecánico para a nosa Planta, un perfil clave, autónomo e con criterio técnico, capaz de manter a maquinaria e as instalacións en perfecto estado de funcionamento.
Se buscas estabilidade, un entorno industrial sólido e un posto onde o teu traballo diario se note, ¡estámosche buscando!
¡PROCESO DE SELECCIÓN EXPRES! Pechamos a recepción de candidaturas en dúas semanas para unha incorporación inmediata. Se encaixas, ¡inscríbete xa!
A túa misión no posto
En coordinación co Responsable de Mantemento, serás o especialista clave dentro da planta. Encargaraste de diagnosticar incidencias, priorizar tarefas e actuar con rapidez para minimizar os tempos de parada.
- Mantemento industrial.
- Localización e reparación de avarías eléctricas, mecánicas e electromecánicas.
- Traballo directo sobre cadros eléctricos, motores, caldeiras, sistemas de climatización/ventilación, variadores e elementos auxiliares da planta.
- Apoio nos sistemas de control ambiental e tratamento de augas propios da planta (contarás con formación interna específica por parte da empresa).
- Mellora continua: Montaxe, revisión e optimización das instalacións para asegurar a máxima eficiencia.
Que che ofrecemos?
- Contrato: Indefinido a xornada completa.
- Centro de traballo fixo: Todo centralizado na planta (sen necesidade de desprazamentos continuos)
- Salario competitivo segundo perfil e experiencia.
A quen buscamos?
Para encaixar no equipo da planta, necesitarás aportar:
- Formación: Ciclo Formativo de Grao Medio ou Superior en Electromecánica, Electricidade, Mantemento Industrial ou similar.
- Experiencia: Mínimo 3 anos en mantemento preventivo e correctivo en contornos industriais, plantas agroalimentarias ou instalacións técnicas complexas.
- Coñecementos sólidos en: Electricidade industrial, automatismos, cadros eléctricos, electrónica industrial e instrumentación.
- Persoa autónoma, organizada, con iniciativa e alta capacidade de resolución de problemas baixo presión.