Posto vacante: Monitor/a – Adestrador/a Multidisciplinar
Perfil
Titulación requirida:
Será imprescindible dispoñer de formación superior ou grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFYD), ou TAFAD / TSAF, ou titulación equivalente.
Formación específica:
Formación en natación infantil e bebés.
Funcións principais:
Impartición de natación infantil e bebés.
Clases de natación para adultos e persoas con necesidades especiais.
Profesor/a de Pilates máquinas (Reformer).
Desenvolvemento de adestramento persoal en grupos reducidos.
Monitor/a de AquaGym.
Valorarase:
Experiencia en natación infantil.
Experiencia en contornos de piscina e adestramento persoal.
Formación en Pilates máquinas (Reformer).
Capacidade de traballo en equipo, responsabilidade e compromiso profesional.
Sensibilidade cara a metodoloxías respectuosas e enfoque integral da saúde.
Tipo xornada: A determinar segundo perfil do candidato e dispoñibilidade.
Salario: Segundo formación e competencias.
Empresa / localidade:
Centro Deportivo Sport is Medicine
Centro deportivo especializado en exercicio físico personalizado, natación infantil e adestramento en grupos reducidos, con metodoloxía respectuosa e enfoque integral da saúde.