Buscamos persoal con experiencia en carnes á grella, con carbón.
Funcións e Responsabilidades
Manejo do lume e do carbón: Preparar, acender e regular a grella de carbón, asegurando un volume estable de brasas durante todo o servizo.
Cociñado de alimentos: Asar carnes e verduras, controlando con precisión
Preparación previa (Mise en place): Cortar, limpar e marinar pezas de proteína ou vexetais antes da apertura.
Coordinación e tempos: Sintonizar a saída dos pratos co resto da cociña e o persoal de sala para garantir un servizo fluído.
Limpieza e mantemento: Manter limpa a estación de traballo, retirar as cinzas de forma segura, apagar a grella ao rematar e desengraxar os ferros ou accesorios.
Requisitos do Posto
Experiencia previa mínimo de 2 anos desempeñándose como parrillero ou cociñeiro especializado en brasa e carbón. Valorarase positivamente experiencia en restaurantes mexicanos.
Coñecementos técnicos: Dominio absoluto dos cortes cárnicos, manexo de coitelos e control de temperaturas por zonas de calor.
Normas de hixiene: Coñecemento das normas de manipulación de alimentos (APPCC) e seguridade laboral.
Aptitudes físicas: Capacidade para traballar de pé durante xornadas prolongadas e tolerar ambientes con exposición ao calor.
Capacidade de xestionar múltiples comandas simultaneamente en horas punta.
Orientación ao detalle
Traballo en equipo: Comunicación fluída e compañeirismo co resto da cociña
Prestacións segundo convenio.