Buscamos un/ha Consultor/a ERP para participar en proxectos de consultoría funcional, realizando análise e definición de alcances funcionais segundo as necesidades de cada cliente. Entre as túas principais responsabilidades están a preparación e realización de demostracións, a elaboración de estimacións orzamentarias e cronogramas de traballo, así como a implantación, parametrización e posta en marcha de proxectos Odoo. Ademais, a persoa seleccionada encargarse-á da configuración, personalización e reporting analítico dos proxectos, asegurando a máxima adaptación aos requirimentos de cada organización.
Buscamos profesionais con polo menos 3 anos de experiencia previa como consultor/a funcional en ERP (Odoo, SAP, Navision, Factorial ou similares), con sólidos coñecementos en implantacións e xestión de proxectos, especialmente na parametrización e configuración de despregamentos e/ou desenvolvemento de novas funcionalidades. É imprescindible demostrar capacidade para adaptar o sistema ás necesidades dos clientes, identificando e propoñendo solucións eficaces.
Requírese formación de grao superior ou medio en administración, finanzas, informática, telecomunicacións, software ou áreas afíns, así como dispoñibilidade para desprazarse presencialmente ás oficinas polo menos a metade da semana.
Ofrecemos contrato indefinido, xornada completa con horario intensivo durante todo o ano (de 8:00h a 17:00h no inverno e de 8:00h a 15:00h no verán), e un atractivo paquete retributivo composto por salario fixo máis incentivos.
Se buscas un entorno profesional onde desenvolver a túa carreira en consultoría tecnolóxica e aportar valor a proxectos innovadores, envía o teu CV a través da plataforma e úneste ao noso equipo.