Actualmente Uvesa pertencente ao Grupo MHP, é un dos líderes na industria alimentaria a nivel nacional, grazas ás súas áreas de produción avícola, porcina e de pensos.
ÁREA AVÍCOLA
O Grupo Uvesa é unha das principais empresas produtoras de polo en España.
ÁREA PORCINA
A nosa división porcina está marcada pola trazabilidade do produto e seguridade alimentaria.
ÁREA PENSOS
Fabricamos pensos para uso interno das nosas áreas Avícola e Porcina.
Desde hai máis de 50 anos, no Grupo Uvesa elaboramos alimentos saudables coidando ata o máis mínimo detalle porque queremos coidar de ti.
¿Queres saber máis? Aquí tes a nosa páxina en www.uvesa.es
Encargaraste de garantir a implantación e cumprimento dos plans de prevención de riscos laborais nos centros de traballo da túa zona, avaliando riscos, participando na planificación preventiva e propoñendo medidas orientadas a asegurar a protección das persoas traballadoras e o cumprimento da normativa vixente.
FUNCIONS:
- Coordinación co servizo de prevención alleo (medicións, vixilancia da saúde, etc.).
- Executar as medidas derivadas do Servizo de Prevención Próprio.
- Deseñar e impartir accións formativas e informativas avanzadas sobre o seu ámbito de actuación.
- Coordinar as actividades empresariais (CAE).
- Organizar, controlar e facilitar a documentación requirida nas auditorías e no sistema de xestión.
- Atender á inspección de traballo nas súas visitas e á autoridade laboral.
- Planificar e coordinar a realización dos simulacros de emerxencias no seu centro de traballo.
- Dar resposta aos accidentes do seu centro de traballo, realización de informes.
- Promover e concienciar o compromiso pola seguridade, a promoción da saúde e o benestar dos traballadores/as.
- Ser garante e promover os valores de Uvesa.
REQUISITOS:
- CFGS de Prevención de Riscos Laborais, desexable Grao/Mestrado Universitario en Prevención de Riscos nunha ou máis especialidades preventivas.
- Coñecementos de Ofimática, normativa e lexislación en materia de prevención.
- Experiencia de máis de 2 anos como técnico/a de PRL en empresa, SPP ou SPA.
- Carné de conducir e coche.
OFRECEMOS:
- Incorporación a unha empresa líder no sector agroalimentario con posibilidade de desenvolvemento dentro da compañía.
- Contrato indefinido.