Buscamos un/una Supervisor/a de montaxes con experiencia en prefabricado de formigón. Reportando á Dirección Técnica, serás o/a líder do equipo de montaxe na obra, supervisando a seguridade, a calidade e os prazos de execución do proxecto.
As túas funcións principais
Xestión de materiais: Coordinar e supervisar a recepción, descarga e acopio do prefabricado na obra.
Supervisión da montaxe: Liderar os equipos de montaxe e maquinaria (grúas) asegurando o correcto ensamblaxe das pezas.
Garantir o cumprimento da PRL: Implementar o Plan de Seguridade e Saúde, vixiar o uso de EPIs e asegurar o cumprimento estrito da normativa de prevención.
Control de calidade: Verificar os replantexos, as unións e os acabados finais da estrutura.
Resolución de incidencias: Xestionar os imprevistos na obra e coordinar solucións coa oficina técnica.
Perfil buscado
Mobilidade: Dispoñibilidade para desprazarse entre obras a nivel nacional.
Prevención: Imprescindible contar co curso de PRL específico do Convenio da Construcción (60h + 6h).
Habilidades: Competencias dixitais, carácter resolutivo, organización e firmeza na xestión da seguridade.
Experiencia: Desexable mínimo de 2 anos en montaxe de estruturas prefabricadas de formigón (naves industriais, edificación, obra civil).
Que ofrecemos
Contrato: Indefinido a xornada completa.
Ferramentas: Vehículo de empresa e teléfono móbil.
Proxecto: Incorporación a unha empresa sólida, cunha carteira estable de proxectos e bo ambiente de traballo.