En CARAÏ Slow Bakery buscamos incorporar un/ha Camarero/a - Barista para reforzar o noso equipo en sala e barra. Se che apasiona o trato co cliente e che interesa o mundo do café de especialidade, esta é a túa oportunidade para formar parte dun entorno dinámico e acolledor.
Como parte do noso equipo, terás a posibilidade de desenvolverte nun ambiente próximo, onde a calidade do servizo e do produto son a nosa prioridade.
Neste posto desempeñarás funcións variadas
Encargaraste da rotación de postos entre barra, sala e tarefas de barista, asegurando unha atención excelente aos clientes en sala e xestionando a toma de pedidos. Tamén serás responsable da preparación de café e outras bebidas na barra, así como do mantemento da limpeza e a orde nas áreas de traballo.
O que buscamos no teu perfil
Experiencia: Valoraremos experiencia previa en hostalería, xa sexa en barra, sala ou cafetería. Se non a tes, buscamos persoas con moitas ganas de aprender e medrar no sector.
Actitude: Boa disposición para o trato co cliente, orde e capacidade para traballar en equipo.
Disponibilidade: É imprescindible a dispoñibilidade para quendas rotativas, incluíndo fins de semana.
O que che fai destacar
Coñecementos extra: Valoraremos experiencia previa con café de especialidade, aínda que non é imprescindible, xa que ofrecemos formación interna.
Detalles do posto
Xornada: Contrato de 40h ou 30h semanais, a acordar segundo o perfil.
Incorporación: Incorporación inmediata.
Equipo: Formarás parte dun equipo pequeno e estable, onde o compañeirismo é fundamental.
Formación: Recibirás formación en produto e técnica de barra para que poidas desenvolverte profesionalmente.
Se che interesa formar parte de CARAÏ Slow Bakery e medrar no sector da hostalería, envía o teu CV a través desta plataforma. ¡Agardamos coñecerte pronto!