OFERTA DE EMPREGO: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL (ELABORACIÓN, EMBOTELLADO E ETIQUETADO) — BODEGA PAGO DE LOS CAPELLANES
Empresa: Bodega Pago de los Capellanes
Localización: Pedrosa de Duero, Burgos
Tipo de contrato: Tempo completo
Salario: A convenir
Horario: Continuo
Descrición do posto
Pago de los Capellanes busca incorporar a unha persoa con perfil técnico para o control, axuste e mantemento da maquinaria da bodega, tanto da zona de elaboración (fermentación e crianza) como da liña de embotellado e etiquetado, incluíndo o apoio técnico durante o procesamento da vendima, así como o mantemento dos sistemas de climatización e automatismos da instalación.
Funcións principais
Mantemento preventivo e correctivo da maquinaria da zona de elaboración: depósitos de fermentación e inoxidable, bombas de trasfega, filtros, intercambiadores de frío, equipos de barrica/crianza, etc.
Mantemento e axuste da maquinaria de recepción e procesamento de uva durante a vendima: básculas, tolvas de recepción, cintas transportadoras, mesas de selección, despalilladoras, estrugadoras, sistemas de frío para o control da fermentación, etc.
Manejo, control e axuste de máquinas da liña de embotellado e etiquetado (llenadoras, tapadoras/encorchadoras, etiquetadoras, encapsuladoras, encaxadoras, etc.).
Puesta a punto e cambios de formato segundo referencia de produto.
Diagnóstico e resolución de avarías mecánicas, eléctricas e neumáticas en toda a maquinaria da bodega.
Mantemento de sistemas de climatización e control de temperatura (frío de depósitos, sala de barricas, climatización de bodega e oficinas).
Revisión e mantemento de automatismos e cadros eléctricos (PLC, sensores, sondas de temperatura, variadores de frecuencia).
Rexistro de intervencións e seguimento do plan de mantemento preventivo de toda a maquinaria.
Xestión de repostos e coordinación con provedores/técnicos externos cando sexa necesario.
Disponibilidade e prioridade de intervención durante a campaña de vendima, garantindo a continuidade do proceso de recepción e procesado da uva.
Cumprimento das normas de seguridade e hixiene industrial e alimentaria.
Manter a orde e a limpeza das zonas de máquinas, elaboración e embotellado.
Reportar incidencias ao responsable de mantemento/enoloxía-produción.
Realización de pequenos mantementos das instalacións.
Requisitos
Formación en electromecánica, mantemento industrial, automatización ou similar (FP, ciclo formativo ou experiencia equivalente).
Experiencia mínima de 3 anos en mantemento industrial, preferiblemente en bodegas ou plantas de elaboración/envasado de bebidas.
Coñecementos de electricidade industrial, neumática, PLC e automatismos.
Coñecementos de sistemas de climatización e frío industrial (valorábel carné/certificado de manipulación de gases refrixerantes).
Disponibilidade para xornadas de maior esixencia durante a vendima.
Capacidade de resolución de problemas, autonomía e traballo en equipo.
Valoraranse
Certificado de riscos eléctricos.
Experiencia previa en bodegas vitícolas, especialmente en campañas de vendima.
Coñecementos de soldadura ou mecanizado básico.
Nocións básicas de enoloxía (para entender o proceso e as súas esixencias técnicas).
Carné de carretilla
Carné de ponte grúa
Ofértase
Salario competitivo acorde á experiencia e formación.
Estabilidade laboral.