Gustaríache desenvolver a túa carreira profesional nunha empresa do sector do metal participando en proxectos reais de construción e industria?
Empresa do sector do metal que busca incorporar unha persoa para a área da Oficina Técnica, onde poderá participar activamente en proxectos de cerrajería, carpintería metálica e estruturas metálicas, colaborando tanto en tarefas de delineación como en medicións, fabricación e elaboración de orzamentos.
A persoa seleccionada traballará xunto ao equipo técnico, apoiando o desenvolvemento de proxectos desde a oficina técnica e taller de fabricación, adquirindo unha visión práctica e completa do proceso produtivo.
FUNCIONS PRINCIPAIS
- Apoio ao departamento de Oficina Técnica
- Elaboración e modificación de planos mediante programas técnicos
- Apoio en medicións de obra e traballos industriais
- Colaboración no cálculo e preparación de orzamentos
- Coordinación e apoio técnico con taller de fabricación
- Participación en proxectos de construción e industria metalúrxica
FORMACIÓN VALORABLE
- Técnico Superior en Proxectos de Edificación
- Arquitectura Técnica
Ofértase a oportunidade de formar parte dun entorno dinámico e técnico, con posibilidades de aprendizaxe e desenvolvemento profesional dentro dunha empresa do sector.