En DESCALE seguimos crecendo e ampliando o equipo.
Somos unha empresa de control de pragas e sanidade ambiental especializada na industria agroalimentaria, con presenza en toda España e Portugal. Actualmente buscamos incorporar unha persoa para realizar labores de apoio técnico en actividades de prevención e control de Legionella, incluíndo toma de mostras, controis periódicos e seguimento de instalacións de auga.
Funcións
Toma de mostras de auga para análise.
Realización de controis periódicos nas instalacións.
Apoyo en tarefas de limpeza e desinfección de sistemas de auga.
Cumprimentación de rexistros e informes técnicos.
Seguimento de protocolos e normativa aplicable.
Apoyo na revisión e control de instalacións hidráulicas.
Requisitos
Carné de conducir B.
Capacidade para desprazarse ás instalacións dos clientes.
Perfil analítico, metódico e orientado ao detalle.
Persoa organizada, autónoma e con capacidade para seguir procedementos técnicos e normativos.
Capacidade para realizar toma de mostras e controis periódicos.
Valoraranse
Formación ou experiencia relacionada con análise de augas, saúde ambiental ou control de instalacións.
Coñecementos básicos de fontanaría e instalacións hidráulicas para comprender circuítos, puntos críticos e funcionamento das instalacións.
Experiencia previa en tratamentos de auga, mantemento técnico ou prevención e control de Legionella.
Formación específica en prevención de Legionella.
Ofrécese
Formación continua e acompañamento técnico durante o proceso de incorporación.
Obtención da certificación oficial de prevención e control de Legionella incluída dentro do plan formativo da empresa.
Incorporación a unha empresa especializada do sector.
Estabilidade laboral e posibilidades de desenvolvemento profesional.
Salario segundo experiencia e valía achegada.