Procúrase unha persoa con capacidade para realizar traballo de forma autónoma, de xeito proactivo sen necesidade de supervisión constante e con capacidade para realizar tarefas enfocadas a varias áreas de traballo diferentes (fiscal, laboral, administración de fincas e financeiro).
Valórase a experiencia aínda que non é imprescindible. Para acreditar os coñecementos pode que se realice un test de coñecementos. A oferta de traballo é de 20 horas semanais, en horario de mañá de 9:30 a 13:30 h. Posibilidade de aumentar horas se a carga de traballo é suficiente.
A oficina atópase ao lado da Praza Fonte Dorada. É unha boa oportunidade para ter unha primeira experiencia laboral ou para alguén con experiencia que quere unha xornada parcial de mañá.
Tarefas a realizar:
1- Contabilidade interna do despacho.
2- Conciliacións bancarias e atención a veciños e provedores de comunidades de propietarios.
3- Xestión documental e arquivo.
4- Redacción de contratos de arrendamento e compra venda de inmobles.
5- Tramitación e presentación de documentación ante organismos públicos.
6- Seguimento de incidencias administrativas.
7- Xestión de axendas, documentación e expedientes.
8- Presentación de modelos ante a AEAT. Modelo 130 e 303.