Funcións e responsabilidades do posto:
Programación e execución do programa educativo, laboral e de formación dos menores ou mozos do centro en coordinación co resto do equipo educativo.
Coordinación e colaboración co equipo directivo, técnico e educativo do centro.
Coordinación cos centros escolares para realizar un seguimento da evolución educativa-laboral.
Figura referente de apoio emocional do menor.
Exercer labores de observación rexistrando as incidencias do turno a través dos distintos canais establecidos no proxecto educativo do centro.
Participar na elaboración dos plans individuais dos menores e os documentos que se consideren oportunos de acordo coas súas funcións.
Administrar a medicación preparada polo persoal competente.
Formación e experiencia necesaria para desenvolver as funcións:
Título Grao en Educación Social.
Recomendable. Formación complementaria e específica en infancia, adolescencia e discapacidade.
Experiencia demostrable no ámbito de infancia, adolescencia e discapacidade.
Habilidades, aptitudes e actitudes para o posto de traballo:
Capacidade de decisión e compromiso.
Capacidade resolutiva e con iniciativa.
Traballo en equipo.
Empatía.
Capacidade para o manexo positivo de situacións complexas.
Capacidade de adaptación ao cambio.
Outros requisitos :
Permiso de condución tipo B.
En caso necesario, uso do coche do Fogar (tipo: marchas).
Valórase certificado de discapacidade ou acreditación de formar parte de colectivo de especial vulnerabilidade.