Funcións e responsabilidades do posto:
Colaborar na execución do programa educativo dos menores ou mozos do centro, baixo a supervisión do educador/a e en coordinación co resto do equipo educativo, realizando tarefas auxiliares, complementarias e de apoio á labor destes.
Atender e proporcionar os coidados básicos e velar pola integración física e psíquica dos menores e mozos.
Exercer labores de observación rexistrando as incidencias do turno a través dos distintos canais establecidos no proxecto educativo do centro.
Encher todos os documentos que se consideren oportunos de acordo coas súas funcións.
Acudir ás reunións de coordinación e de estudo de casos.
Administrar a medicación preparada polo persoal competente.
Formación e experiencia necesaria para desenvolver as funcións (titulación, formación complementaria, experiencia específica e no posto de traballo…):
Titulación en educación ou ciencias sociais: Educador, Integración Social, Educación Infantil…
Recomendable. Formación complementaria e específica en infancia, adolescencia e discapacidade.
Experiencia demostrable no ámbito de infancia, adolescencia e discapacidade.
Habilidades, aptitudes e actitudes para o posto de traballo:
Capacidade resolutiva e con iniciativa.
Traballo en equipo.
Empatía.
Capacidade para o manexo positivo de situacións complexas.
Capacidade de adaptación ao cambio
Outros requisitos (informática, carné de conducir, idiomas…):
Permiso de condución tipo B
En caso necesario, uso do coche do Fogar (marchas).
Valoraráse o compromiso de asistencia ás reunións de coordinación e de estudo de casos.
Valórase certificado de discapacidade ou acreditación de formar parte dun colectivo de especial vulnerabilidade.
Interdependencia:
Depende da Dirección do Centro.
Tipo de contrato: substitución baixa traballadora
Xornada laboral:
Xornada completa (100%)
Horario/Turno:
Turno rotatorio
Data de incorporación:
Inmediata
Retribución e outras compensacións:
Segundo Convenio