Buscamos un/ha profesional comprometido/da coa educación e a seguridade viaria para impartir formación teórica e práctica no ciclo de Formación Profesional de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible e Docente de Formación Viaria, así como formación para a obtención de permisos de condución en autoescola.
A persoa seleccionada desenvolverá accións formativas dirixidas a futuros profesionais da mobilidade segura e sostible e a aspirantes á obtención de permisos de condución, promovendo unha condución responsable, segura e respectuosa co medio ambiente.
Funcións principais
Impartir módulos do ciclo de FP de Mobilidade Segura e Sostible.
Planificar, desenvolver e avaliar actividades formativas teóricas e prácticas.
Impartir clases prácticas de condución con vehículos de autoescola.
Preparar ao alumnado para as probas teóricas e prácticas de obtención dos distintos permisos de condución.
Deseñar materiais didácticos e utilizar metodoloxías innovadoras de ensinanza.
Promover a educación viaria, a mobilidade sostible e a prevención de accidentes.
Realizar o seguimento e avaliación do progreso do alumnado.
Colaborar en proxectos de sensibilización e formación en seguridade viaria dirixidos a centros educativos, empresas e administracións públicas.
Garantir o cumprimento da normativa de tráfico e de prevención de riscos durante as actividades formativas. Estas funcións correspóndense co perfil profesional do título de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible e as súas principais saídas profesionais.