Crea o portal de emprego da túa Asociación ou Institución

Non comeces de cero. Conecta aos teus asociados coa nosa rede de máis de 160.000 candidatos novos ao ano e impulsa a túa marca empregadora cun portal personalizado.

Crea un ecosistema de talento para a túa Asociación

O noso software permíteche crear un portal de emprego coa túa imaxe corporativa no que as empresas se rexistran, publican ofertas e xestionan os CVs recibidos, todo dende o teu propio portal.

1. A empresa rexístrase e publica

A través dun formulario coa vosa imaxe corporativa, o asociado envíavos os datos da oferta de emprego.

2. Validas e publicas a oferta

Se o configuras, recibirás unha notificación cando se cree unha nova oferta para validar a información.

3. Máxima difusión e visibilidade

Publicamos a oferta no teu portal de emprego e tamén a difundimos na nosa base de datos de candidatos.

4. Xestión integral do proceso

O portal conta cunha ferramenta para xestionar o proceso de selección de maneira fácil e eficaz.

5. Comunicación directa e eficaz

A empresa dispón dun chat habilitado para comunicarse co candidato e resolver todas as súas dúbidas.

6. Informes e estatísticas

O portal envía estatísticas periódicas da oferta de emprego con consellos para obter máis CVs.

Equipo de profesionais colaborando con tecnoloxía avanzada de IA

A túa misión é axudar aos teus asociados. A nosa é darche as ferramentas

Nun mercado onde atopar persoal cualificado é crítico, as asociacións empresariais tedes un papel fundamental. Non se trata só de ofrecer un servizo máis, senón de liderar a solución a un dos maiores desafíos dos vosos membros.

Unha rede de talento colaborativa

Ao crear o teu portal con Jobfie, úneste a un ecosistema onde se comparte o talento e se dividen os custos. Máis visibilidade para as túas ofertas, a un prezo máis económico.

Tecnoloxía con soporte humano

A nosa IA optimiza os procesos, pero o noso equipo de RRHH encárgase de dar soporte a empresas e candidatos, garantindo unha experiencia que empodera a túa marca.

Se apostas polo mellor, obterás o mellor

Ofrecer aos teus asociados unha ferramenta moderna e eficaz non só resolve un problema, senón que posiciona a túa asociación como líder innovador que inviste no éxito dos seus membros.

O poder dunha rede de talento colaborativa

Con Jobfie non só consegues tecnoloxía; úneste a unha rede de portais de emprego interconectados que xa impulsa ducias de asociacións empresariais e entidades públicas. Esta rede colaborativa amplifica a túa visibilidade, permitíndoche chegar a máis candidatos dunha forma máis fácil e económica.

Equipo de profesionais colaborando con tecnoloxía avanzada de IA

Visibilidade amplificada, custos reducidos

Ao formar parte da nosa rede, as túas ofertas gañan unha visibilidade exponencial. Compartimos o talento e, polo tanto, os custos, facendo que o recrutamento de calidade sexa máis alcanzable e económico para todos os teus asociados.

Tecnoloxía con alma humana

A nosa IA encárgase do traballo pesado, pero é o noso equipo de expertos en RRHH quen garante unha experiencia de usuario excepcional. Damos soporte a empresas e candidatos para asegurar que cada encontro sexa preciso e de calidade.

Empodera a túa marca e a dos teus asociados

Ofrecer un portal de emprego moderno e eficiente non só mellora a túa imaxe como asociación, senón que empodera os teus membros. Apostar pola mellor tecnoloxía é a única forma de atraer e reter o mellor talento.

Os nosos casos de éxito

Implantamos portais de emprego en asociacións e entidades por toda España. Fai clic nas provincias destacadas para ver algúns exemplos.

Selecciona unha provincia

Fai clic nunha das provincias marcadas no mapa para ver os portais de emprego que implantamos.

Selecciona unha provincia

Fai clic nunha das provincias marcadas no mapa para ver os portais de emprego que implantamos.

Un proceso de implantación transparente e eficaz

Só necesitamos 1 hora do teu tempo para definir os detalles. Despois, o noso equipo encárgase da maxia para lanzar o teu portal de emprego.

1. Reunión inicial e estratexia

Realizaremos unha reunión virtual dunha hora para definir os obxectivos, a imaxe corporativa e a configuración do novo portal de emprego.

2. Configuración e personalización

O noso equipo de deseño e desenvolvemento crea o teu portal a medida. Enviarémosche as ligazóns e un manual de uso moi sinxelo, todo coa vosa identidade visual.

3. Lanzamento e difusión

É o momento de facer público o teu novo portal. Ligámolo á vosa web e comezamos a difundir as ofertas para que comecedes a recibir talento.

Contacta con nós

Resolvemos as túas dúbidas

Ter un portal de emprego propio é unha declaración de intencións. Posiciónate como un líder innovador que ofrece solucións reais ao problema crítico da captación de talento. Reforzas a túa marca, fidelizas os teus asociados e proporciónaslles unha ferramenta de valor incalculable.

Significa que non comezas de cero. Ao crear o teu portal, conectaste a un ecosistema de portais de emprego interconectados. Isto amplifica a visibilidade das túas ofertas, chegando a unha base de datos de máis de 100.000 candidatos novos ao ano. É a forza da colaboración para captar máis e mellor talento.

Ao compartir os custos da tecnoloxía e a difusión entre todos os membros da rede, ofrecemos un servizo de alto valor a un prezo moito máis competitivo ca se cada empresa actuase pola súa conta. É unha economía de escala que beneficia directamente aos teus asociados.

Non. O noso servizo é «chave en man». Encargámonos de toda a configuración técnica e personalización. Ademais, o noso equipo de expertos en RRHH dá soporte continuado tanto á asociación coma ás empresas e candidatos, asegurando unha experiencia fluída para todos.

Creamos un portal a medida co teu logo, as túas cores corporativas e os teus textos. A experiencia para o candidato e a empresa é totalmente inmersiva, sentindo que están no portal oficial da túa asociación, o que reforza a túa marca e a dos teus membros.

Un portal de emprego xera contido fresco e relevante constantemente (novas ofertas), o que atrae aos motores de busca como Google. Ademais, posicionase para buscas clave como «emprego en [o teu sector] en [a túa cidade]», atraendo tráfico cualificado directamente ao voso ecosistema dixital e reforzando a vosa autoridade online.

A diferenza é estratéxica. Nun portal xenérico compites pola atención. Có teu propio portal, constrúes un activo a longo prazo: a túa propia base de datos de talento. Reforzas a marca dos teus asociados e ofreces un servizo de valor engadido que os fideliza, no canto de facer un gasto puntual nunha publicación.

O noso proceso é áxil. Dende a reunión inicial dunha hora para definir a túa imaxe corporativa e obxectivos, podemos ter o teu portal personalizado e en funcionamento nun prazo de 4 a 8 semanas, listo para que os teus asociados comecen a publicar ofertas.

Ofreces unha solución directa ao seu principal problema: a escaseza de talento. Dáslles acceso a unha ferramenta de recrutamento profesional e económica, impulsas a súa imaxe de marca e conectas os teus membros a unha rede de candidatos moito máis ampla, demostrando que a túa asociación inviste activamente no seu crecemento.

Cremos no poder da tecnoloxía, pero tamén no valor do trato humano. Terás acceso ao noso equipo de soporte por teléfono, correo e chat para resolver calquera dúbida que che poida xurdir polo camiño.

Servizos adicionais para empresas

Potencia o teu recrutamento coas nosas solucións integrais de selección e marca empregadora.

Servizo de selección de persoal integral

Con máis de 10 anos de experiencia atopamos os perfís que a túa empresa necesita. Non paramos ata que deas co candidato perfecto.

6 Meses de Garantía

Que inclúe?

  • Ata 3 candidatos finalistas.
  • Informe de compatibilidade e estudo competencial.
  • Gravación de vídeo preguntas e avaliación de idiomas.
  • Verificación de referencias.
Saber máis

Publicación de ofertas en Jobfie

Chega a milleiros de candidatos publicando as túas vacantes nun dos principais portais de emprego de España.

+100.000 Candidatos na nosa rede

Que inclúe?

  • Gran visibilidade na nosa rede de portais.
  • Panel de xestión de candidatos (ATS).
  • Filtros con IA para a preselección automática.
  • Notificacións e seguimento do proceso.
Publicar Oferta Agora